Núñez, Toño

Os Balbinos : Camiño Inglés / Camino Inglés / The English Way / Toño Núñez - 1ª ed - Pontevedra : Fervenza , 2021 - 106 p. : il. cor ; 23 cm - Colección Os Balbinos ; 3 .

Terceiro libro da colección Os Balbinos, con ilustración a toda cor e encadernado en tapa dura. En tres idiomas: Galego, castelán e inglés
Somos a familia dos Balbinos, Lúa e Bal e os nosos pais Lena e Lino, e estamos percorrendo as distintas Rutas do Camiño ata Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia, e todas as nosas aventuras contámolas nos nosos libros.

Os papás non daban decidido cal dos camiños facer primeiro e pedíronnos a nós que escollésemos un... Boa a fixeron!

Lúa namorouse do Camiño Portugués e eu, do Inglés, porque sempre me gustaron os barcos e os piratas! Pero Lúa, por levarme a contraria...

Así que xogando a quen tiraba da palla máis longa gañou o Camiño Inglés e alá que nos fomos a Ferrol (aínda que tamén se pode iniciar na Coruña).

Cando rematamos, deixamos tripados arredor de 120 quilómetros e percorridos 14 concellos: Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Mesía, Ordes, Oroso ata rematar en Santiago.

Gozamos de historias incribles, lugares fermosos e unha chea de aventuras...

5º-6º Primaria 3º-4º Primaria

9788418136511


Camiño de Santiago--Arte
Viaxes
camiño inglés

91

Coa tecnoloxía Koha