Una madre molona y Marido

CUENTOS MOLONES PARA EDUCAR EN POSITIVO / UNA MADRE MOLONA Y MARIDO (autora)MARTOSAURIUSS (ilustraciones) - BARCELONA :BEASCOA ,2021 - 91p : cor ; 20.5cm + Non

«Que fácil é a teoría pero que difícil é a práctica», «Soa moi bonito pero a realidade é moi distinta»..., desas frases formuladas polas nais e pais que acudían ás formacións de Disciplina Positiva de Isabel Custa e Daniel Pérez, naceu este libro. Nel, atoparedes 5 historias reais baseadas en experiencias vividas na súa propia familia e que ensinan a:

- Como abordar os enfados e validar emocións.

- Como enfrontarnos ás perrenchas e a pedir perdón de forma sincera.

- Inculcar o valor da responsabilidade, a empatía e traballar valores.

- A importancia de evitar as etiquetas.

- Sobre a chegada dun bebé a casa e os celos entre irmáns.

- Como enfocarnos en solucións como alternativa aos castigos.

- E outros moitos temas que reflicten retos que che resultarán moi familiares.

Soa ben, verdade? Pois iso non é todo. Cada conto vai acompañado dunha explicación para que nais, pais e educadores poidan entender mellor os principios da educación positiva e a súa posta en práctica.

Un libro cheo de consellos, ferramentas, ideal para ler en familia, aprender xuntos e ser máis felices.

1º-2º Primaria

9788448857745


Contos
Educación en positivo
Empatía
Educación emocional

15

Coa tecnoloxía Koha