Momo é unha rapaza cun don moi especial: só escoitando fai que os que están tristes se sintan mellor, os que están enfadados resolven os seus problemas ou os que están aburridos inventan cousas divertidas. De súpeto, a chegada dos homes grises cambiará a súa vida. Porque prometen que aforrar tempo é o mellor que podes facer, e pronto ninguén terá tempo para nada. Nin sequera para xogar cos nenos. Momo é a única que non cae na trampa, e da man da tartaruga Casiopea e da mestra Hora, levará ao lector a unha fantástica aventura chea de ensinanzas sobre a amizade, a bondade e o valor das cousas sinxelas. En definitiva, sobre o que realmente nos fai felices.
5º-6º Primaria