Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Tres irmás ladroas / Txabi Arnal, Elena Odriozola

por Arnal, Txabi [autor/a]; Odriozola, Elena [ilustrador/a]; Liván, Paco; Odriozola, Elena.
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Colección Q (OQO).Editor: Pontevedra :OQO ,2007 Edición: 1ª ed.Descrición: [60] p :il. cor ;22cm.ISBN: 9788496788077.Materia(s): Avaricia | Mamíferos -- Obras de divulgación | Irmás -- Contos | Contos populares-Libros infantís | PoesíaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: As tres irmás Fernández non coñecían outro oficio que o de roubar. Oculta, a máis vella, escondía todo o roubado e vivía como unha miserenta; Lucía, a mediana, cos seus ladroízos vivía como unha artista de cine; Xusta, a máis nova, só se apropiaba do necesario para vivir. As tres tiñan unha obsesión: brillar máis que o sol. E, para conseguilo, intentaron todo: deitáronse espidas sobre xoias, roubaron a auga dun regato, bañáronse espidas á luz da lúa… Txabi Arnal tráenos unha divertida historia, na que o humor e a ironía teñen un especial protagonismo. As tres irmás ladroas, no seu obsesivo desexo por acumularen riquezas, cobizan o imposible. Nin o ouro, nin as máis luxosas xoias colman os seus delirios de grandeza, pero todo cambiará cando Oculta, Lucía e Xusta descubran que non é ouro todo o que reloce, e que só o afecto e a tenrura farán brillar de verdade os seus corazóns (máis, aínda, que o sol do verán). Elena Odriozola, pola súa parte, crea unhas imaxes de gran delicadeza, co trazo sutil que caracteriza xa o seu traballo. Executa, ademais, atractivos xogos conceptuais cos personaxes, as escenas e as distintas composicións. No seu especial tratamento das texturas, incorpora o cromatismo en toda a súa simboloxía e unha particular arquitectura das imaxes, que xoga cos paralelismos entre as distintas ilustracións. Ofrécelle así ao lector a súa particular interpretación da historia. Cómpre lembrar, por último, que Elena Odriozola recibiu no 2006 o segundo Premio Nacional de Ilustración pola obra A princesa que bocexaba a todas horas.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Laverde Ruíz
Sala préstamo
82-P ARN tre Dispoñible LEC060000000989

De 10 a 12 anos (Amarelo)

As tres irmás Fernández non coñecían outro oficio que o de roubar. Oculta, a máis vella, escondía todo o roubado e vivía como unha miserenta; Lucía, a mediana, cos seus ladroízos vivía como unha artista de cine; Xusta, a máis nova, só se apropiaba do necesario para vivir. As tres tiñan unha obsesión: brillar máis que o sol. E, para conseguilo, intentaron todo: deitáronse espidas sobre xoias, roubaron a auga dun regato, bañáronse espidas á luz da lúa…

Txabi Arnal tráenos unha divertida historia, na que o humor e a ironía teñen un especial protagonismo. As tres irmás ladroas, no seu obsesivo desexo por acumularen riquezas, cobizan o imposible. Nin o ouro, nin as máis luxosas xoias colman os seus delirios de grandeza, pero todo cambiará cando Oculta, Lucía e Xusta descubran que non é ouro todo o que reloce, e que só o afecto e a tenrura farán brillar de verdade os seus corazóns (máis, aínda, que o sol do verán).

Elena Odriozola, pola súa parte, crea unhas imaxes de gran delicadeza, co trazo sutil que caracteriza xa o seu traballo. Executa, ademais, atractivos xogos conceptuais cos personaxes, as escenas e as distintas composicións. No seu especial tratamento das texturas, incorpora o cromatismo en toda a súa simboloxía e unha particular arquitectura das imaxes, que xoga cos paralelismos entre as distintas ilustracións. Ofrécelle así ao lector a súa particular interpretación da historia. Cómpre lembrar, por último, que Elena Odriozola recibiu no 2006 o segundo Premio Nacional de Ilustración pola obra A princesa que bocexaba a todas horas.

3º-4º Primaria

Coa tecnoloxía Koha